O alumando de 6ºB a partires dun interesante artigo aparecido na revista PAPAGAIO elaborou un minucioso traballo para explicárllelo aos demais cursos. Antes de pasar ao tema concreto, elaboraron unha presentación para explicar paso a paso e recordar conceptos que tiñan que estar claros para entender o tema que tratarían con posterioridade: partiron da nosa situación dentro do planeta Terra, insistiron no concepto de ecosistema e as súas clases, falaron da cadea alimentaria,... Unha vez aclarados estes conceptos pasaron ao corredor que dá acceso á biblioteca. Foi aquí onde explicaron magníficamente o mural realizado e que leva por titulo "ARDE O MONTE".
PARABÉNS E MOITAS GRAZAS!!!
PARABÉNS E MOITAS GRAZAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario