E seguindo coas actividades enmarcadas dentro do Proxecto anual da bibliotecas, este xoves, 30 de novembro recibimos na nosa biblioteca a visita de Carlos e Lúa. Carlos é membro da Asociación "Callejeros Barbanza" que se adican a recoller cans e gatos abandonados para coidalos e poder bucarlle un fogar no que realmente estes animais estean en boas condicións. E quen é Lúa? unha fermosa e cariñosa cadeliña que acompañou a Carlos durante a charla. Causou sensación entre o alumnado polas súas continuas mostras de cariño. Foi unha sesión na que o alumnado reflexionou sobre o abandono e o maltrato aos animais.
sábado, 2 de diciembre de 2017
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario