Este ano os disfraces do entroido, en consonancia co Proxecto da Biblioteca, tiñan que ser elaborados con material reciclado: caixas de cartóns, plásticos, anacos de redes, cartóns, papeis, espuma, ...
. O alumnado de infantil disfrazouse de "Maruxas" e "Pepiños" a partires do conto da editorial galega OQO titulado Maruxa. Este álbum ilustrado forma parte do proxecto «Cociña de Contos. Europa á carta», unha iniciativa que relaciona a literatura e a gastronomía para o público infantil que narra con moito humor e retranca a historia dunha muller que, farta de facerlle a Pepiño o pan todos os días, decide darlle unha lección e amosarlle que o traballo na casa é cousa de dous.
No hay comentarios:
Publicar un comentario