domingo, 1 de marzo de 2020

DÍA DE ROSALIA

As actividades para festexar o 21 de febreiro , Día de Rosalía, xa se estiveron levando a cabo ao longo o pasado mes: realizamos postais con versos de Rosalía, recitamos poemas, cantamos cancións de  poemas da autora musicados por coñecidas figuras da música (Amancio Prada, Luz Casal, Carlos Núñez,...).
O 17 de febreiro unha representación do alumnado, composta por tres/catro nenas e nenos por aula, acudiron ao Centro de Día de Boiro para recitar os  poemas traballados nas aulas e agasallar coas postais elaboradas e unhas fermosas rosas (feitas nas clases de plástica) a cada una das persoas do Centro de día de Boiro.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario