Cada ano, 350 nenas e nenos son diagnosticados de leucemia.
Este venres, o noso cole colaborou no maior movemento escolar contra a leucemia infantil: “La Vuelta al Cole de Unoentrecienmil”.
Unha carreira solidaria que se organiza nos colexios desde fai 7 anos. O seu propósito é sensibilizar e recadar fondos para lograr a cura da leucemia infantil.
Os nenos e nenas de Cespón e Bealo participaron moi activamente nesta andaina, elaborando uns carteis, cunhas frases moi sinxelas, pero con moito significado:
PORQUE XUNTOS, SOMOS MÁIS FORTES!
Ollade as fotos e o vídeo deste día.
A canción que se escoita no vídeo é a do grupo canario "Playacoco": PEQUEÑO VALIENTE.
Esperamos que vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario