O venres, 11 de novembro celebramos o magosto en Cespón. O alumnado, trouxo as castañas e a leña necesaria para asalas (grazas familias). Tamén fixeron diferentes tarefas plásticas para elaborar os clásicos cestiños, escribiron pequenos textos relacionados con esta conmemoración, cantaron e bailaron cancións.... E por suposto, gozaron dunha saborosa degustación de castañas, e de divertidos xogos populares.
Recordamos algúns deses momentos vividos no seguinte vídeo.
Acende o altofalante para escoitar e bailar o “Rap do
Magosto” de Paco Nogueiras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario